lunes, 3 de julio de 2017

Mapa Sonoro

Os alumnos de 3ºBeta fixeron un Mapa Sonoro da nosa contorna que recolleron no seguinte vídeo:


viernes, 30 de junio de 2017

Proxectando, investigando...

Tratábase de determinar os factores influíntes nas diferenzas de habitabilidade entre aulas que en principio deberían ter as mesmas condicións, e é palpable que non as teñen. Para iso medíronse as variables temperatura e luminosidade durante unha semana en tres momentos diferentes do día, programando o Robot Ranger co programa MBlock. Este Robot dispón de sensores que permiten facer estas medidas.A continuación analizáronse e elaboráronse as gráficas das medicións empregando para iso follas de cálculo. Por outra banda analizáronse as condicións do clima da contorna do IES e as especies arbóreas próximas a esas aulas. Comparáronse as medicións obtidas cos datos de Meteogalicia en Caldas de Reis e coas conclusións elaborouse un vídeo facendo unha petición ó Calutro/Consello Escolar solicitando a poda das palmeiras próximas ás dúas aulas con baixas temperaturas no inverno, e a medio prazo no caso de prantar na contorna do centro,se faga con especies arbóreas de folla caduca. O traballo desenvolvido está recollida neste vídeo:



 


jueves, 29 de junio de 2017

Caldas fronte a Póvoa do Varzim

Os alumnos e alumnas fixeron as seguintes presentacións: coñecendonos.


 Presentación

 Presentación

 presentación

Dixitalizando a contorna!

Os alumnos e alumnas de 3ºESO estiveron dixitalizando a contorna. O seu traballo consistiu en tomar foto do entorno e conseguir retocalas dun xeito artístico. Un exemplo do que fixeron pódese ver nas seguintes imaxes.



 








O traballo completo de todo o alumnado foi recollido pola profesora nos seguintes blogs:




Identidade territorial

Cuadernillo traballado en Identidade territorial.


miércoles, 28 de junio de 2017

Metrominuto


O metrominuto é un plano peonil coa estética dun plano de metro, que marca as distintas rutas que se poden realizar a pé nunha determinada poboación.
A idea naceu na cidade de Pontevedra, dentro do seu Proxecto de Mobilidade.
No deseño do Metrominto hai que trazar as rutas con segmentos e establecer o tempo que se tarda en percorrelas, tomando como referencia un lugar da cidade, que será considerado como punto 0, do que parten os diferentes recorridos.
Para calcular o tempo que se tarda en cubrir as distancias tómase unha velocidade de referencia de entre 4 e 5 km/h.
A importancia do Metrominuto estriba en crear un plano que permite moverse por unha cidade a pé, sen necesidade de usar outro medio de transporte, elevando á categoría de transporte urbano o feito de ir camiñando dende un punto da poboación ata calquera outro.
O NOSO METROMINUTO
No metrominuto que realizamos tomamos como referencia o IES Aquis Celenis, xa que é o noso instituto, e a partir de aquí buscamos os sitios máis destacados de Caldas.
Indicamos a distancia dende o instituto ao primeiro punto, e a continuación de cada punto ao seguinte. Polo tanto, para obter a distancia dun dos puntos ao outro, só temos que sumar as distancias e os tempos.

E obtivemos o seguinte plano:


 O metrominuto


Tomamos unhas fotos de como se foi facendo o proxecto do metrominuto.






















Entrevista a Tania Rivero


Tania Rivero concedeunos unha entrevista, se fas click na imaxe poderás acceder o contido íntegro da entrevista. Moitas grazas, Tania.

 entrevista